Bahá'ís de España

Que fan os bahá’ís de España

Aprender a levar á realidade a visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, pacífico e unificado é a meta principal coa que os bahá’ís de España está comprometidos. Este proceso é complexo, esixe a participación de tódolos pobos do mundo, requirindo  unha cantidade de coñecemento práctico abraiante, aínda por xerar. A ciencia, a relixión e a experiencia son as fontes de guía deste carreiro que tentan percorrer en colaboración con persoas e grupos afíns.

Levar á realidade estes ideais tamén require dun enfoque de traballo, uns plans, unhas liñas de acción. En España estanse a impulsar diversos ámbitos de traballo que avanzan dentro dun plan global coherente. Nesta sección analizaranse as principais esferas de actividade da comunidade bahá’í de España así como algunha das aprendizaxes que se están a amorear.

»Preocupádevos con afouteza das necesidades da idade na que vivides, e centrade as vosas deliberacións nas súas esixencias e requirimentos».

Bahá’u’lláh

»Adicade a vosa mente e vontade á educación dos pobos e razas da terra, para que quizás sexan borradas da súa faciana as disensións que a dividen, pola forza do Nome Meirande, e tódolos seres humanos se converterán nos que terman dun Orde único e en habitantes dunha soa Cidade».

Bahá’u’lláh

Fortalecer a vida comunitaria »

Os bahá’ís de España, en colaboración con outras persoas e organizacións afíns, esfórzanse en contribuír ó avance da sociedade, inspirados pola visión de Bahá’u’lláh dun mundo próspero, xusto e unificado. Estes esforzos non son só pequenos proxectos ou accións altruístas, están ancorados nunha interpretación particular da historia e nunha ollada especial á realidade social que dota de significado o que fan.

Un maior compromiso social »

A medida que a capacidade da comunidade bahá’í leveda e que o patrón da vida comunitaria que tenta establecer en agrupacións e barrios fortalécese, a implicación na vida da sociedade adquire novas dimensións. A acción social e a participación no discurso público son dúas áreas emerxentes e prometedoras que tentan mellora-la vida intelectual, económica e social do país xunto con outros actores sociais.