Que fan os bahá’ís de España

Un maior compromiso social

Limiar

A medida que a capacidade da comunidade bahá’í leveda e que o patrón da vida comunitaria que tenta establecer en agrupacións e barrios fortalécese, a implicación na vida da sociedade adquire novas dimensións. A acción social e a participación no discurso público son dúas áreas emerxentes e prometedoras que tentan mellora-la vida intelectual, económica e social do país xunto con outros actores sociais.

O nivel de coherencia que chegou a caracteriza-los esforzos de construción de comunidade descritos nas seccións anteriores, tamén se ten que dar dentro destas áreas emerxentes así coma entre elas.

» Preocupádevos de xeito afervoado das necesidades da idade na que vivides e centrade as vosas deliberacións nas súas esixencias e requirimentos».

Bahá’u’lláh

»Adicade a vosa mente e vontade á educación dos pobos e razas da terra, para que se cadra sexan borradas da súa faciana os desacordos que a dividen, pola forza do Meirande Nome, e tódolos seres humanos se convertan en sostén dunha Orde única e en habitantes dunha soa Cidade».

Bahá’u’lláh

Sigue explorando...

Que fan os bahá’ís de España