A comunidade bahá’í de España conta con xente de procedencia cultural e étnica diversa, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras; diversidade que se ve reflectida na súa riqueza artística e lingüística. Ademais, a cultura da comunidade estase a transformar conforme os bahá’ís se esforzan por aplicar os ensinos de Bahá’ulláh nas súas vidas individuais e colectivas. O xeito idóneo de facer referencia a esta relixión é Fe bahá’í, aínda que ás veces se lle di bahaismo.
Hoxe en día en España hai preto de 5.000 bahá’ís que se esforzan, xunto con amigos e veciños, en aplicar os ensinos de Bahá’u’lláh nas súas vidas individuais e colectivas para contribuír á mellora da súa contorna.
Os que participan nas actividades da comunidade proceden das mesmas orixes culturais, étnicas e nacionais que caracterizan á sociedade española. A maior parte destas actividades céntranse en promover a educación espiritual dos nenos; en facer esforzos por ceibar os poderes latexantes nos rapaces para servir á sociedade e no desenvolvemento dunha identidade sólida; en axudar a fortalecer e desenvolver capacidades a mozos e adultos que se relacionan no eido do barrio, e en establecer espazos de oración e meditación colectiva que fortalezan o carácter devocional das comunidades.