A comunidade bahá’í de España conta con xente de procedencia cultural e étnica diversa, tanto de dentro como de fóra das súas fronteiras, diversidade que se ve reflectida na súa riqueza artística e lingüística. Outramente, a cultura da comunidade estase a transformar, ó tempo que se esforza en aplicar os ensinos de Bahá’u’lláh nas súas vidas individuais e colectivas.
»Que o mundo bahá’í teña acadado crear unha cultura que impulsa un xeito de pensar, estudar e actuar na que todos camiñan por un mesmo carreiro de servizo -apoiándose uns aos outros e avanzando xuntos, respectando o coñecemento que cada quen posúe, e evitando a tendencia de separar aos crentes en categorías tales como profundos e non informados- é un acadar de proporcións enormes. E aí radica a dinámica dun movemento imparábel »1
Casa Universal de Xustiza