A vida bahá’í inclúe certas prácticas individuais, a participación na vida comunitaria e os esforzos en aplica-los ensinos de Bahá’u’lláh nos diferentes eidos da vida, tales como a familia e o traballo. Todo isto, ademais, cobra sentido no marco máis amplo de servizo a plans globais para contribuír ao avance da civilización. Desde unha postura abaixada de aprendizaxe, cada bahá’í esfórzase por realizar todas estas tarefas con coherencia e excelencia.