Quen son os bahá’ís de España

Historia da Fe bahá’í en España

A historia da Fe bahá’í en España comeza no 1946 coa chegada ó país de Virginia Orbison, unha afervoada bahá’í norteamericana que se trasladou aquí co obxectivo de dar a coñecer a Mensaxe de Bahá’u’lláh. España estaba a vivir, daquelas, un período difícil, pero esas dificultades curtiron o carácter dunha xeración que, grazas á capacidade de traballo, de aforro e de esforzo que tivo que desenvolver, nas décadas vindeiras contribuíron á prosperidade e desenvolvemento do país.

Historia da estrutura administrativa en España

A estrutura administrativa comeza a xurdir en España pouco despois, coa primeira Asemblea Espiritual Local, en Madrid (1948) á que axiña seguiron outras localidades (Barcelona, Terrassa, Murcia, Alicante, Cartagena, …). No 1957 establécese a Asemblea Rexional Ibérica, en conxunto para España e Portugal, ata que no 1962 establécese por primeira vez a Asemblea Espiritual Nacional dos bahá’ís de España.

A Comunidade bahá’í española na actualidade

Hoxe en día, 75 anos despois, hai en España preto de 5.000 bahá’ís que están a se esforzar, xunto con amigos e veciños, en aplicar os ensinos de Bahá’u’lláh nas súas vidas individuais e colectivas, e na mellora das súas entornas.

Os que participan nas actividades da comunidade proceden das mesmas orixes culturais, étnicas e nacionais que caracterizan á sociedade española. A maior parte destas actividades céntranse en promover a educación espiritual dos nenos; en facer esforzos por ceibar os poderes latexantes nos rapaces para servir á sociedade e no desenvolvemento dunha identidade sólida; en axudar a fortalecer e desenvolver capacidades a mozos e adultos que se relacionan no eido do barrio, e en establecer espazos de oración e meditación colectiva que fortalezan o carácter devocional das comunidades.