Quen son os bahá’ís de España

Coñecemento e transformación social

Levar adiante unha civilización en continuo progreso

Bahá’u’lláh fixo un chamamento á humanidade para que transformemos a sociedade de hoxe en día e dar un salto no seu proceso de evolución social.

Artellou un deseño e estableceu prácticas, principios, procedementos, leis, ordenanzas e institucións relativas tanto á organización da sociedade, coma ó refinamento das vidas das persoas. Sen embargo, todo isto atópase en estado embrionario nos Seus Escritos. A tarefa desta  xeración e das sucesivas é  aprender de xeito colectivo a traducilo á realidade e así establecer una nova civilización mundial.

»Tódolos homes foron creados para levar adiante unha civilización en continuo progreso». » Incumbe a todo home dotado de discernimento e comprensión esforzarse por traducir o que foi escrito á realidade e a acción».

Bahá’u’lláh

En España, persoas e grupos de tódalas orixes sociais, culturais e relixiosas, inspiradas por esta visión, están aprendendo a traballar en equipo en diferentes niveis xeográficos (en barrios, provincias, rexións, no país) para aplicar os ensinos de Bahá’u’lláh, xunto cos métodos da ciencia, coa fin de avanzar cara a un novo orde social próspero, que equilibre o global co local e que estea caracterizado por certos principios como a unidade e a xustiza social.

Este proceso non é sinxelo e esixe moita acción por parte de moreas de persoas, así como un enfoque efectivo para xerar, sistematizar e difundir o coñecemento que vai emerxendo nos distintos niveis. Con este obxectivo, os bahá’ís de España teñen escolmado diversos ámbitos de acción encol dos que desexan aprender.

Á vez que os plans máis locais, tamén compren plans nacionais e mundiais de acción, para que os esforzos sexan concertados, coordinados e, daquela, máis efectivos.